SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
BOP
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
www.dicoruna.es

D.L.: C-1-1958

LUNES, 3 DE MARZO DE 2014  |  BOP NÚMERO 42

Administración Local
Provincial
Deputación Provincial da Coruña
Área de Servizos Provinciais. Sección de Educación, Cultura e Deportes
Convocatoria de bolsas de investigación 2014
Convocatoria de bolsas de investigación 2014
1.–Obxecto da convocatoria.
O obxecto da presente convocatoria e a concesión de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e
concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período
2014-2015, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:
	

Área de ciencias sociais e xurídicas	

3 bolsas

	

Área de ciencias	

4 bolsas

	

Área de ciencias da saúde	

4 bolsas

	

Área de enxeñeria e arquitectura	

2 bolsas

	

Área de artes e humanidades	

5 bolsas

A dotación das bolsas é de 137.250 € (7.625 € cada unha), e a súa aplicación orzamentaria corresponde á partida
0612/324A/481 na que existe crédito adecuado e suficiente.
2.–Solicitantes.
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un
traballo de investigación e reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan:
2.1.–Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente.
2.2.–Acreditar, como mínimo, un ano de residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado/volante de empadroamento no que conste expresamente, a data de empadroamento ou a antigüidade
mínima dun ano, inmediatamente anterior á publicación desta convocatoria. A data de expedición do certificado será
posterior á da publicación desta convocatoria no BOP
.
2.3.–Non superar os umbrales de renda que se establecen a continuación:
Familias dun membro	

14.112,00 €

	

Familias de dous membros.	

24.089,00 €

	

Familias de tres membros	

32.697,00 €

	

Familias de catro membros	

38.831,00 €

	

Familias de cinco membros	

43.402,00 €

	

Familias de seis membros	

46.853,00 €

	

Familias de sete membros 	

50.267,00 €

	

Familias de oito membros	

53.665,00 €

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 € por cada membro computable da familia.
A renda familiar obterase pola suma das rendas do exercicio 2012 de cada un dos membros computables da familia
que obteñan ingresos de calquera natureza calculadas do seguinte xeito:
Página 1 / 5

Número de anuncio  2014/2266
BOP

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42

A) Membros computables que presenten declaración da renda: sumarase a base imponible xeral (casilla 455) coa base
imponible do aforro (casilla 465) e dese resultado restarase a cota resultante da autoliquidación (casilla 741).
B) Membros computables con ingresos propios que non presentaran declaración do IRPF: Seguirase o procedemento
descrito no apartado anterior e do resultado restaranse os pagos a conta efectuados.
Para o calculo da renda familiar a efectos da bolsa, son membros computables da familia o pai e a nai, o titor ou persoa
encargada da garda e protección do menor no seu caso, os irmáns solteiros menores de vintecinco anos e que convivan
no domicilio familiar a 31 de decembro de 2012 e os maiores de idade, cando se trate de persoas con discapacidade, asi
como os ascendentes dos pais que xustifiquen a residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal
correspondente. No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independientes, consideraranse computables
o cónxuxe eu no seu caso a persoa á que se encontre unido por análoga relación, así como os fillo se os houbera.
En caso de divorcio, separación legal ou de feito, non se considerará membro computable a aquel dos que non conviva
co solicitante da bolsa. Terá non obstante a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por
análoga relación cuxas rendas se inclúan no cómputo de rendas familiares.
No caso que o solicitante alegue que é o único membro da unidade familiar terá que acreditar os medios económicos
cos que conta. No caso de que os ingresos acreditados resulten inferiores ao IPREM (6.390,13 €/ano) entenderase non
probada a independencia, polo que para o cálculo da renda a os efectos desta bolsa, computaranse os ingresos correspondentes a os membros computables da familia a os que ser refiren os apartados anteriores.
2.4.–Non ser ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, ainda que a investigación sexa diferente.
Os titulares de bolsa en anteriores convocatorias, non están excluídos de participar nesta, sempre que cumplan todos
os requisitos.
3.–Documentación.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse no Rexistro Xeral da Deputación ou na páxina
www.dicoruna.es
Achegarase na orde na que aparece sinalada, a seguinte documentación:
3.1.–Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento que regulamentariamente o substitúa.
3.2.–Área das bolsas á que opta, con indicación do proxecto de investigación que vai realizar e o centro no que será
levado a cabo. Non se poderá optar a mais dunha área por solicitude.
3.3.–No caso de que o traballo esté avaliado por un profesor universitario ou por unha persoa de recoñecido prestixio
no campo no que se vai desenvolver a investigación, unha certificación que acredite o dito aval.
3.4.–Certificación académica completa na que figure expresamente:
A) A nota media simple do expediente académico en base 10 de conformidade co disposto no R.D 1125/2003 e no
protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades
galegas para a valoración de expedientes académicos, vixente no momento de publicación desta convocatoria.
No caso de titulacións de universidades non pertencentes ao Sistema Universitario Galego (SUG), a media simple do
expediente académico será determinada polos servizos da Secretaria Xeral de Universidades segundo o establecido no dito
protocolo de colaboración del SUG.
B) A data de finalización dos estudos.

3.5.–Currículo do solicitante xunto coa documentación que considere representativa da súa formación. Se o traballo se
vai realizar coa colaboración dun equipo indicarase os estudos e actividades profesionais dos seus integrantes.
3.6.–Certificado/volante de empadroamento onde consten todos as persoas que conviven no domicilio familiar, con
data actualizada e con expresión da antiguidade mínima que se establece no apartado 3.2 desta convocatoria.
3.7.–Fotocopia da declaración da renda do ano 2012 de todos os membros da unidade familiar que perciban ingresos
ou no seu defecto certificación de ingresos.
3.8.–Declaración responsable das axudas solicitadas para o mesmo fin.
Página 2 / 5

Número de anuncio  2014/2266

Os solicitantes que cursen os estudos no estranxeiro e posúan a certificación académica en idioma distinto do castelán
ou do galego, achegarán a traducción oficial e, ademáis do disposto nos apartados A) e B), indicarán as cualificaciones
máximas e mínimas dentro do sistema de evaluación correspondente, e cal é a cualificación mínima para superar a
asignatura.
BOP

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42

3.9.–Escrito autorizando á Deputación para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria e a Seguridade Social con anterioridade aos pagos.
A documentación poderase presentar en copias simples, tendo en conta que os que resulten titulares das bolsas, terán
que realizar no seu momento as compulsas correspondentes.
4.–Lugar, prazo de presentación da solicitude e desistimento.
A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Deputación ata o 31 de marzo de 2014.
Tamén poderá ser presentada neste prazo, en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 dal Lei 30/1992, de
réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.
No caso de enviarse por correo, deberá ser certificado co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir
que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria.
A Deputación publicará na sua páxina web e no taboleiro de anuncios, a relación de solicitantes admitidos, polo
que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos dos solicitantes e para a súa
publicación.
No prazo de 10 días dende a publicación da relación de solicitantes admitidos e excluídos poderán os interesados
formular as reclamacións oportunas; transcorrido este plazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase
que desiste da súa petición nos termos do artigo 71 da lei 30/1992, de 26 de novembro e procederase ao seu arquivo.
Tamén será causa de desistimento da solicitude, non axustarse aos termos da covocatoria, ou o incumplimento dos
requisitos establecidos nela.
5.–Tribunais.
Constituirase un tribunal para cada área das bolsas e a celebración das sesións será conxunta.
A composición dos tribunais publicarase na páxina web da Deputación e no taboleiro de anuncios, con anterioridade á
súa reunión.
Cada tribunal estará presidido polo presidente da Deputación e formarán parte de cada un deles a deputada presidenta
da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade, e tres representantes das universidades da provincia, sendo o
secretario o da Deputación ou a persoa na que delegue, e requerira para a súa válida constitución a maioria simple dos
seus membros.
Cada un dos tribunais valorará as solicitudes que lle correspondan en función da área asignada na instancia polos
solicitantes; non obstante na primeira reunión que se celebre, poderán reasignarse a outra área e por conseguinte a outro
tribunal, aqueles proxectos que polas súas especiais características ou por erro dos solicitantes, non esten correctamente
clasificados, coa finalidade de que sexan avaliados polo tribunal competente.
Cada tribunal formulará a súa proposta de concesión, que será motivada, e as súas deliberacións serán segredas.
6.–Evaluación das solicitudes e resolución da convocatoria.
O órgano competente para ditar o acordo de resolución da convocatoria é o Presidente da Deputación.
6.1.–A valoración das solicitudes realizarase de acordo cos seguintes criterios e puntuacións:
* O interese da investigación e a súa aplicación práctica para o desenvolvemento da provincia: 4 puntos.
* O rigor na formulación do proxecto de investigación, así como as persoas que o avalan e o equipo científico que o
apoia: 3 puntos.
* O currículo da persoa solicitante: 3 puntos que se distribúen do seguinte modo:
	 Expediente académico: 2,5 puntos.
A valoración do expediente académico farase en función da nota media simple, segundo o establecido no protocolo de
colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a
valoración de expedientes académicos.
A puntuación total de cada solicitante obterase pola suma das puntuacións anteriores.
6.2.–Os tribunais poderán declarar desertas as bolsas en calquera das áreas que son obxecto da convocatoria cando
a calidade das propostas presentadas non acade os criterios mínimos para a súa concesión, despois de ter feita a súa
ponderación.

Página 3 / 5

Número de anuncio  2014/2266

	 Outros méritos: 0,5 puntos.
BOP

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42

6.3.–Cada tribunal poderá nomear o número de suplentes que considere oportuno, establecendo unha orde de prioridade. Estas persoas accederán ás bolsas, únicamente, no caso de existir algunha renuncia, ou revogación polo incumplimento
das obrigas desta convocatoria.
6.4.–A resolución da convocatoria será dada a coñecer mediante a publicación na páxina www.dicoruna.es e no taboleiro de anuncios e producirá os efectos de notificación ás persoas interesadas.
6.5.–Contra esta resolución, que poñerá fin á vía administrativa, poderán ser interpostos, con carácter potestativo, os
seguintes recursos:
Recurso de reposición, ante do presidente da Deputación Provincial, no prazo dun mes.
Recurso contencioso administrativo, ante a xurisdicción contencioso administrativa, no prazo de dous meses.
Ambos os dous prazos contaranse dende o día seguinte ao da notificación da resolución da convocatoria, de conformidade co establecido na base 6.4 desta convocatoria.
A presentación dos recursos sinalados non poderá ser feita con carácter simultáneo.
6.6.–No prazo dun mes contado dende a data da notificación da resolución da convocatoria, cada titular das bolsas
deberá presentar a documentación seguinte:
A) Escrito de aceptación da bolsa, no que declare, ademáis que, na data da súa redacción, non incorre en ninguna das
causas de incompatibilidade establecidas no apartado segundo da convocatoria.
B) Impreso de comunicación de datos bancarios para o rexistro de terceiros, para os efectos de domiciliación dos
importes que lle serán aboados pola Deputación da Coruña. Este modelo atópase no enderezo: http://www.dicoruna.es/
deputación/impresos/xerais
Se transcorrese o prazo sinalado sen que fose presentada esta documentación, deixarase sen efecto a adxudicación
da bolsa á persoa que incumpla e poderase adxudicar ao suplente que corresponda.
7.–Realización do proxecto e obrigas dos bolseiros.
Coa finalidade de acreditar a realización do proxecto, os titulares das bolsas terán que cumprir todas as normas establecidas nos apartados anteriores e ademáis presentar un informe parcial e unha memoria final da investigación realizada.
7.1.–Informe parcial.
Presentarase no prazo de seis meses dende a data de publicación da resolución da convocatoria, salvo no caso dos
suplentes que se contará dende a notificación da súa concesión.
O informe, que estará asinado polo bolseiro, reflectirá de forma clara os pasos seguidos ate o momento da presentación e o estado no que se atopa a investigación cun criterio riguroso e fundamentado.
7.2.–Memoria final.
Presentarase no prazo dun ano dende a data de publicación da resolución da convocatoria, salvo no caso dos suplentes
que se contará dende a notificación da súa concesión.
Consistirá no propio traballo resultante da investigación debendo constar a consecución do obxectivo fixado no proxecto; esta memoria estará asinada polo bolseiro, coa conformidade do director do traballo, se é o caso.
Estas memorias parciais e final serán remitidas simultaneamente á súa presentación en papel por correo electrónico á
dirección becas.investigacion@dicoruna.es, coa fin de que o tribunal valore a súa idoneidade.

A presentación fora de prazo do informe parcial ou da memoria final sen que medie solicitude razoada de prórroga
que sexa admitida favorablemente pola Deputación, levará aparellada a imposición duna sanción de conformidade coa lei
9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, polo que se aproba o seu regulamento, e poderá
dar lugar á devolución do importe cobrado ata o momento no que se produza o incumplimento, ao que se lle engadirán os
correspondentes xuros de demora.
7.3.–Cooperar coa Deputación provincial nas actuacións de comprobación que sexan necesarias para verificar o cumplimento das condicións determinantes da concesión.
7.4.–Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento
do cumplimento e efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa.
7.5.–Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de que se produza unha causa determinante de dita renuncia.
Página 4 / 5

Número de anuncio  2014/2266

Os prazos de presentación poderán ser prorrogados despois de solicitude razoada, e sempre que se presente cunha
antelación mínima dun mes respecto á data de presentación.
BOP

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42

8.–Pagamento.
As bolsas aboaranse en dous prazos:
* 75% (5.718,75 €) despois da presentación da documentación sinalada no apartado 6.6 desta convocatoria.
* 25% (1.906,25 €) despois da presentación da memoria final da investigación realizada.
Os pagos realizaranse por transferencia bancaria á conta indicada polo bolseiro.
9.–Propiedade dos traballos.
A propiedade dos traballos será dos titulares das bolsas, puidendo a Deputación reservarse durante doce meses os
dereitos de editalos.
En calquera edición posterior farase constar que foi obxecto de bolsa por este organismo.
Tamén se fará constar a publicidade do finaciamento provincial naqueles casos nos que o traballo obxecto da investigación sexa presentado a ponencias, cursos, seminarios ou similares tanto durante a súa elaboración como con posterioridade ao seu remate.
10.–Compatibilidade.
As presentes bolsas son incompatibles con calquera outras que poidan concederse por parte de calquera entidade ou
persoa pública ou privada.
A obtención simultánea doutra axuda será causa de reintegro da bolsa adxudicada.
DISPOSICIÓN FINAL
Para os casos non previstos nas presentes bases, será de aplicación a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións
de Galicia e o Decreto 11/2009, polo que se aproba o seu regulamento, e as Bases de execución do Orzamento Xeral da
Deputación do ano 2014.
Transcurrido o plazo de seis meses dende a publicación da concesión das bolsas, a documentación presentada polos
solicitantes que non resultaron adxudicatarios, será destruída.
Os participantes nesta convocatoria aceptan en todos os seus termos as presentes bases e a resolución correspondente, sen prexuizo da presentación dos recursos pertinenentes
A Coruña, 25 de febreiro de 2014.
O presidente								 O secretario
Diego Calvo Pouso						 José Luis Almau Supervía

Número de anuncio  2014/2266

2014/2266

Página 5 / 5

More Related Content

What's hot

Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glCharo García
 
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017Javier García
 
Inscrición act. extraescolares pdf
Inscrición act. extraescolares pdfInscrición act. extraescolares pdf
Inscrición act. extraescolares pdfomixsada
 
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015mjosebarxas
 
Calendario pau 15 16
Calendario pau 15 16Calendario pau 15 16
Calendario pau 15 16Loudes Otero
 
Presentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en GaliciaPresentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en GaliciaMónica Diz Besada
 

What's hot (11)

Anuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-glAnuncio g0164 180214-0005-gl
Anuncio g0164 180214-0005-gl
 
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
Regulamento do proceso de admisión para o vindeiro curso 2017
 
Cartel axudasle 2016
Cartel axudasle 2016Cartel axudasle 2016
Cartel axudasle 2016
 
Boletín de Información Profesional (BIP) de abril
Boletín de Información Profesional (BIP) de abrilBoletín de Información Profesional (BIP) de abril
Boletín de Información Profesional (BIP) de abril
 
Concello a baña animador cultural,oct14
Concello a baña animador cultural,oct14Concello a baña animador cultural,oct14
Concello a baña animador cultural,oct14
 
Inscrición act. extraescolares pdf
Inscrición act. extraescolares pdfInscrición act. extraescolares pdf
Inscrición act. extraescolares pdf
 
Profesores interinos
Profesores interinosProfesores interinos
Profesores interinos
 
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
CONVOCATORIA AYUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA XUNTA 2015
 
Calendario pau 15 16
Calendario pau 15 16Calendario pau 15 16
Calendario pau 15 16
 
Bases 2014
Bases 2014Bases 2014
Bases 2014
 
Presentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en GaliciaPresentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
Presentación residencias universitarias para estudiantes en Galicia
 

Viewers also liked (19)

Schoolcloud
SchoolcloudSchoolcloud
Schoolcloud
 
Prompt 1
Prompt 1Prompt 1
Prompt 1
 
Ecotic 2013 complet
Ecotic 2013   completEcotic 2013   complet
Ecotic 2013 complet
 
Layanan Alat Suntik Steril
Layanan Alat Suntik SterilLayanan Alat Suntik Steril
Layanan Alat Suntik Steril
 
PDHPE IS COOL
PDHPE IS COOLPDHPE IS COOL
PDHPE IS COOL
 
KIPL's Tracking Tracking Solution.
KIPL's Tracking Tracking Solution.KIPL's Tracking Tracking Solution.
KIPL's Tracking Tracking Solution.
 
UT-Meter - An Efficient Meter Reading Solution
UT-Meter - An Efficient Meter Reading SolutionUT-Meter - An Efficient Meter Reading Solution
UT-Meter - An Efficient Meter Reading Solution
 
HIV-AIDS
HIV-AIDSHIV-AIDS
HIV-AIDS
 
Git - The Incomplete Introduction
Git - The Incomplete IntroductionGit - The Incomplete Introduction
Git - The Incomplete Introduction
 
Approach to coma
Approach to comaApproach to coma
Approach to coma
 
An Efficient encryption using Data compression towards Steganography,introduc...
An Efficient encryption using Data compression towards Steganography,introduc...An Efficient encryption using Data compression towards Steganography,introduc...
An Efficient encryption using Data compression towards Steganography,introduc...
 
TB - MDR
TB - MDRTB - MDR
TB - MDR
 
Hybrid encryption ppt
Hybrid encryption pptHybrid encryption ppt
Hybrid encryption ppt
 
Hardware and Software parallelism
Hardware and Software parallelismHardware and Software parallelism
Hardware and Software parallelism
 
Diare & Pneumonia
Diare & PneumoniaDiare & Pneumonia
Diare & Pneumonia
 
Natural language processing
Natural language processingNatural language processing
Natural language processing
 
Vehicle Number Plate Recognition System
Vehicle Number Plate Recognition SystemVehicle Number Plate Recognition System
Vehicle Number Plate Recognition System
 
Dokter kecil
Dokter kecilDokter kecil
Dokter kecil
 
KIPL products
KIPL productsKIPL products
KIPL products
 

Similar to Bolsas invest diput coruña14

Informacion e bases
Informacion e basesInformacion e bases
Informacion e basesomixboiro
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risgainfobueu
 
1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015infobueu
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glCharo García
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasOrde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasCRISTINABERMDEZDOMNG
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónkikovsli
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Anpa Limiar
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Charo García
 
Axudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesAxudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesodesvanmarita
 
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaProcedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaBeatriz Vila Izquierdo
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glCharo García
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014CCOOXustiza
 

Similar to Bolsas invest diput coruña14 (20)

Informacion e bases
Informacion e basesInformacion e bases
Informacion e bases
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
 
1416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_20151416 1 bases_socorristas_2015
1416 1 bases_socorristas_2015
 
Cartel 2015 2
Cartel 2015 2Cartel 2015 2
Cartel 2015 2
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Anuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-glAnuncio g2018 041213-0002-gl
Anuncio g2018 041213-0002-gl
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscarasOrde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
Orde do 28 de outubro pola que se regula a distribución das máscaras
 
Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputación
 
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
Axudas para a adquisición de libros 2015 16-220515-dog 101
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
 
Axudas campamentos ingles
Axudas campamentos inglesAxudas campamentos ingles
Axudas campamentos ingles
 
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaProcedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
 
Axudas libros de texto 2015
Axudas libros de texto 2015Axudas libros de texto 2015
Axudas libros de texto 2015
 
Axudas ingles cartel 2017
Axudas ingles cartel 2017Axudas ingles cartel 2017
Axudas ingles cartel 2017
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014Cursos teleformacion 2014
Cursos teleformacion 2014
 

More from Area de Orientación Laboral USC

BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTEBOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTEArea de Orientación Laboral USC
 
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...Area de Orientación Laboral USC
 
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do EstadoOposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do EstadoArea de Orientación Laboral USC
 

More from Area de Orientación Laboral USC (20)

Boletin 29dec
Boletin 29decBoletin 29dec
Boletin 29dec
 
Boletin 29dec
Boletin 29decBoletin 29dec
Boletin 29dec
 
Oportunidades bolsas investigación
Oportunidades bolsas investigaciónOportunidades bolsas investigación
Oportunidades bolsas investigación
 
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctoralesContratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
 
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTEBOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
BOLSAS DO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
 
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctoralesContratos en investigacion postdoc y predoctorales
Contratos en investigacion postdoc y predoctorales
 
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
PhD Position at the Environmental Engineering and Bioprocesses Research Group...
 
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTESBOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
BOLSAS DO CONSEJO SUPERIOR DE DEPORTES
 
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICOXUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
XUNTA DE GALICIA. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
 
Enfermeiras/os para o Reino Unido
Enfermeiras/os para o Reino UnidoEnfermeiras/os para o Reino Unido
Enfermeiras/os para o Reino Unido
 
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do EstadoOposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
Oposicións ao Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado
 
Boletín Ponteemprego
Boletín PonteempregoBoletín Ponteemprego
Boletín Ponteemprego
 
Enxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Enxeñeiro Junior en Informática ou TelecomunicaciónsEnxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
Enxeñeiro Junior en Informática ou Telecomunicacións
 
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTESBOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
BOLSAS DO INSTITUTO CERVANTES
 
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicasConvocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
Convocatoria 6ª edicion emprende tus practicas
 
Becas Fundación AMA 2014/2015
Becas Fundación AMA 2014/2015Becas Fundación AMA 2014/2015
Becas Fundación AMA 2014/2015
 
Bolsas do Parlamento de Galicia
Bolsas do Parlamento de GaliciaBolsas do Parlamento de Galicia
Bolsas do Parlamento de Galicia
 
Ofertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigaciónOfertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigación
 
Ofertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigaciónOfertas contratación bolsas investigación
Ofertas contratación bolsas investigación
 
Prepara un cv eficaz dec 2014
Prepara un cv eficaz dec 2014Prepara un cv eficaz dec 2014
Prepara un cv eficaz dec 2014
 

Bolsas invest diput coruña14

  • 1. BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA www.dicoruna.es D.L.: C-1-1958 LUNES, 3 DE MARZO DE 2014  |  BOP NÚMERO 42 Administración Local Provincial Deputación Provincial da Coruña Área de Servizos Provinciais. Sección de Educación, Cultura e Deportes Convocatoria de bolsas de investigación 2014 Convocatoria de bolsas de investigación 2014 1.–Obxecto da convocatoria. O obxecto da presente convocatoria e a concesión de dezaoito bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2014-2015, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas: Área de ciencias sociais e xurídicas 3 bolsas Área de ciencias 4 bolsas Área de ciencias da saúde 4 bolsas Área de enxeñeria e arquitectura 2 bolsas Área de artes e humanidades 5 bolsas A dotación das bolsas é de 137.250 € (7.625 € cada unha), e a súa aplicación orzamentaria corresponde á partida 0612/324A/481 na que existe crédito adecuado e suficiente. 2.–Solicitantes. Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación e reúnan todos os requisitos que de seguido se relacionan: 2.1.–Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grado o equivalente) recoñecida oficialmente. 2.2.–Acreditar, como mínimo, un ano de residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado/volante de empadroamento no que conste expresamente, a data de empadroamento ou a antigüidade mínima dun ano, inmediatamente anterior á publicación desta convocatoria. A data de expedición do certificado será posterior á da publicación desta convocatoria no BOP . 2.3.–Non superar os umbrales de renda que se establecen a continuación: Familias dun membro 14.112,00 € Familias de dous membros. 24.089,00 € Familias de tres membros 32.697,00 € Familias de catro membros 38.831,00 € Familias de cinco membros 43.402,00 € Familias de seis membros 46.853,00 € Familias de sete membros 50.267,00 € Familias de oito membros 53.665,00 € A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 € por cada membro computable da familia. A renda familiar obterase pola suma das rendas do exercicio 2012 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza calculadas do seguinte xeito: Página 1 / 5 Número de anuncio  2014/2266
  • 2. BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42 A) Membros computables que presenten declaración da renda: sumarase a base imponible xeral (casilla 455) coa base imponible do aforro (casilla 465) e dese resultado restarase a cota resultante da autoliquidación (casilla 741). B) Membros computables con ingresos propios que non presentaran declaración do IRPF: Seguirase o procedemento descrito no apartado anterior e do resultado restaranse os pagos a conta efectuados. Para o calculo da renda familiar a efectos da bolsa, son membros computables da familia o pai e a nai, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor no seu caso, os irmáns solteiros menores de vintecinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2012 e os maiores de idade, cando se trate de persoas con discapacidade, asi como os ascendentes dos pais que xustifiquen a residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente. No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independientes, consideraranse computables o cónxuxe eu no seu caso a persoa á que se encontre unido por análoga relación, así como os fillo se os houbera. En caso de divorcio, separación legal ou de feito, non se considerará membro computable a aquel dos que non conviva co solicitante da bolsa. Terá non obstante a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación cuxas rendas se inclúan no cómputo de rendas familiares. No caso que o solicitante alegue que é o único membro da unidade familiar terá que acreditar os medios económicos cos que conta. No caso de que os ingresos acreditados resulten inferiores ao IPREM (6.390,13 €/ano) entenderase non probada a independencia, polo que para o cálculo da renda a os efectos desta bolsa, computaranse os ingresos correspondentes a os membros computables da familia a os que ser refiren os apartados anteriores. 2.4.–Non ser ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, ainda que a investigación sexa diferente. Os titulares de bolsa en anteriores convocatorias, non están excluídos de participar nesta, sempre que cumplan todos os requisitos. 3.–Documentación. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse no Rexistro Xeral da Deputación ou na páxina www.dicoruna.es Achegarase na orde na que aparece sinalada, a seguinte documentación: 3.1.–Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento que regulamentariamente o substitúa. 3.2.–Área das bolsas á que opta, con indicación do proxecto de investigación que vai realizar e o centro no que será levado a cabo. Non se poderá optar a mais dunha área por solicitude. 3.3.–No caso de que o traballo esté avaliado por un profesor universitario ou por unha persoa de recoñecido prestixio no campo no que se vai desenvolver a investigación, unha certificación que acredite o dito aval. 3.4.–Certificación académica completa na que figure expresamente: A) A nota media simple do expediente académico en base 10 de conformidade co disposto no R.D 1125/2003 e no protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos, vixente no momento de publicación desta convocatoria. No caso de titulacións de universidades non pertencentes ao Sistema Universitario Galego (SUG), a media simple do expediente académico será determinada polos servizos da Secretaria Xeral de Universidades segundo o establecido no dito protocolo de colaboración del SUG. B) A data de finalización dos estudos. 3.5.–Currículo do solicitante xunto coa documentación que considere representativa da súa formación. Se o traballo se vai realizar coa colaboración dun equipo indicarase os estudos e actividades profesionais dos seus integrantes. 3.6.–Certificado/volante de empadroamento onde consten todos as persoas que conviven no domicilio familiar, con data actualizada e con expresión da antiguidade mínima que se establece no apartado 3.2 desta convocatoria. 3.7.–Fotocopia da declaración da renda do ano 2012 de todos os membros da unidade familiar que perciban ingresos ou no seu defecto certificación de ingresos. 3.8.–Declaración responsable das axudas solicitadas para o mesmo fin. Página 2 / 5 Número de anuncio  2014/2266 Os solicitantes que cursen os estudos no estranxeiro e posúan a certificación académica en idioma distinto do castelán ou do galego, achegarán a traducción oficial e, ademáis do disposto nos apartados A) e B), indicarán as cualificaciones máximas e mínimas dentro do sistema de evaluación correspondente, e cal é a cualificación mínima para superar a asignatura.
  • 3. BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42 3.9.–Escrito autorizando á Deputación para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria e a Seguridade Social con anterioridade aos pagos. A documentación poderase presentar en copias simples, tendo en conta que os que resulten titulares das bolsas, terán que realizar no seu momento as compulsas correspondentes. 4.–Lugar, prazo de presentación da solicitude e desistimento. A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Deputación ata o 31 de marzo de 2014. Tamén poderá ser presentada neste prazo, en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 dal Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común. No caso de enviarse por correo, deberá ser certificado co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria. A Deputación publicará na sua páxina web e no taboleiro de anuncios, a relación de solicitantes admitidos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos dos solicitantes e para a súa publicación. No prazo de 10 días dende a publicación da relación de solicitantes admitidos e excluídos poderán os interesados formular as reclamacións oportunas; transcorrido este plazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que desiste da súa petición nos termos do artigo 71 da lei 30/1992, de 26 de novembro e procederase ao seu arquivo. Tamén será causa de desistimento da solicitude, non axustarse aos termos da covocatoria, ou o incumplimento dos requisitos establecidos nela. 5.–Tribunais. Constituirase un tribunal para cada área das bolsas e a celebración das sesións será conxunta. A composición dos tribunais publicarase na páxina web da Deputación e no taboleiro de anuncios, con anterioridade á súa reunión. Cada tribunal estará presidido polo presidente da Deputación e formarán parte de cada un deles a deputada presidenta da Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade, e tres representantes das universidades da provincia, sendo o secretario o da Deputación ou a persoa na que delegue, e requerira para a súa válida constitución a maioria simple dos seus membros. Cada un dos tribunais valorará as solicitudes que lle correspondan en función da área asignada na instancia polos solicitantes; non obstante na primeira reunión que se celebre, poderán reasignarse a outra área e por conseguinte a outro tribunal, aqueles proxectos que polas súas especiais características ou por erro dos solicitantes, non esten correctamente clasificados, coa finalidade de que sexan avaliados polo tribunal competente. Cada tribunal formulará a súa proposta de concesión, que será motivada, e as súas deliberacións serán segredas. 6.–Evaluación das solicitudes e resolución da convocatoria. O órgano competente para ditar o acordo de resolución da convocatoria é o Presidente da Deputación. 6.1.–A valoración das solicitudes realizarase de acordo cos seguintes criterios e puntuacións: * O interese da investigación e a súa aplicación práctica para o desenvolvemento da provincia: 4 puntos. * O rigor na formulación do proxecto de investigación, así como as persoas que o avalan e o equipo científico que o apoia: 3 puntos. * O currículo da persoa solicitante: 3 puntos que se distribúen do seguinte modo: Expediente académico: 2,5 puntos. A valoración do expediente académico farase en función da nota media simple, segundo o establecido no protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos. A puntuación total de cada solicitante obterase pola suma das puntuacións anteriores. 6.2.–Os tribunais poderán declarar desertas as bolsas en calquera das áreas que son obxecto da convocatoria cando a calidade das propostas presentadas non acade os criterios mínimos para a súa concesión, despois de ter feita a súa ponderación. Página 3 / 5 Número de anuncio  2014/2266 Outros méritos: 0,5 puntos.
  • 4. BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42 6.3.–Cada tribunal poderá nomear o número de suplentes que considere oportuno, establecendo unha orde de prioridade. Estas persoas accederán ás bolsas, únicamente, no caso de existir algunha renuncia, ou revogación polo incumplimento das obrigas desta convocatoria. 6.4.–A resolución da convocatoria será dada a coñecer mediante a publicación na páxina www.dicoruna.es e no taboleiro de anuncios e producirá os efectos de notificación ás persoas interesadas. 6.5.–Contra esta resolución, que poñerá fin á vía administrativa, poderán ser interpostos, con carácter potestativo, os seguintes recursos: Recurso de reposición, ante do presidente da Deputación Provincial, no prazo dun mes. Recurso contencioso administrativo, ante a xurisdicción contencioso administrativa, no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse dende o día seguinte ao da notificación da resolución da convocatoria, de conformidade co establecido na base 6.4 desta convocatoria. A presentación dos recursos sinalados non poderá ser feita con carácter simultáneo. 6.6.–No prazo dun mes contado dende a data da notificación da resolución da convocatoria, cada titular das bolsas deberá presentar a documentación seguinte: A) Escrito de aceptación da bolsa, no que declare, ademáis que, na data da súa redacción, non incorre en ninguna das causas de incompatibilidade establecidas no apartado segundo da convocatoria. B) Impreso de comunicación de datos bancarios para o rexistro de terceiros, para os efectos de domiciliación dos importes que lle serán aboados pola Deputación da Coruña. Este modelo atópase no enderezo: http://www.dicoruna.es/ deputación/impresos/xerais Se transcorrese o prazo sinalado sen que fose presentada esta documentación, deixarase sen efecto a adxudicación da bolsa á persoa que incumpla e poderase adxudicar ao suplente que corresponda. 7.–Realización do proxecto e obrigas dos bolseiros. Coa finalidade de acreditar a realización do proxecto, os titulares das bolsas terán que cumprir todas as normas establecidas nos apartados anteriores e ademáis presentar un informe parcial e unha memoria final da investigación realizada. 7.1.–Informe parcial. Presentarase no prazo de seis meses dende a data de publicación da resolución da convocatoria, salvo no caso dos suplentes que se contará dende a notificación da súa concesión. O informe, que estará asinado polo bolseiro, reflectirá de forma clara os pasos seguidos ate o momento da presentación e o estado no que se atopa a investigación cun criterio riguroso e fundamentado. 7.2.–Memoria final. Presentarase no prazo dun ano dende a data de publicación da resolución da convocatoria, salvo no caso dos suplentes que se contará dende a notificación da súa concesión. Consistirá no propio traballo resultante da investigación debendo constar a consecución do obxectivo fixado no proxecto; esta memoria estará asinada polo bolseiro, coa conformidade do director do traballo, se é o caso. Estas memorias parciais e final serán remitidas simultaneamente á súa presentación en papel por correo electrónico á dirección becas.investigacion@dicoruna.es, coa fin de que o tribunal valore a súa idoneidade. A presentación fora de prazo do informe parcial ou da memoria final sen que medie solicitude razoada de prórroga que sexa admitida favorablemente pola Deputación, levará aparellada a imposición duna sanción de conformidade coa lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, polo que se aproba o seu regulamento, e poderá dar lugar á devolución do importe cobrado ata o momento no que se produza o incumplimento, ao que se lle engadirán os correspondentes xuros de demora. 7.3.–Cooperar coa Deputación provincial nas actuacións de comprobación que sexan necesarias para verificar o cumplimento das condicións determinantes da concesión. 7.4.–Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento do cumplimento e efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa. 7.5.–Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de que se produza unha causa determinante de dita renuncia. Página 4 / 5 Número de anuncio  2014/2266 Os prazos de presentación poderán ser prorrogados despois de solicitude razoada, e sempre que se presente cunha antelación mínima dun mes respecto á data de presentación.
  • 5. BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Lunes, 3 de marzo de 2014  •  Número 42 8.–Pagamento. As bolsas aboaranse en dous prazos: * 75% (5.718,75 €) despois da presentación da documentación sinalada no apartado 6.6 desta convocatoria. * 25% (1.906,25 €) despois da presentación da memoria final da investigación realizada. Os pagos realizaranse por transferencia bancaria á conta indicada polo bolseiro. 9.–Propiedade dos traballos. A propiedade dos traballos será dos titulares das bolsas, puidendo a Deputación reservarse durante doce meses os dereitos de editalos. En calquera edición posterior farase constar que foi obxecto de bolsa por este organismo. Tamén se fará constar a publicidade do finaciamento provincial naqueles casos nos que o traballo obxecto da investigación sexa presentado a ponencias, cursos, seminarios ou similares tanto durante a súa elaboración como con posterioridade ao seu remate. 10.–Compatibilidade. As presentes bolsas son incompatibles con calquera outras que poidan concederse por parte de calquera entidade ou persoa pública ou privada. A obtención simultánea doutra axuda será causa de reintegro da bolsa adxudicada. DISPOSICIÓN FINAL Para os casos non previstos nas presentes bases, será de aplicación a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, polo que se aproba o seu regulamento, e as Bases de execución do Orzamento Xeral da Deputación do ano 2014. Transcurrido o plazo de seis meses dende a publicación da concesión das bolsas, a documentación presentada polos solicitantes que non resultaron adxudicatarios, será destruída. Os participantes nesta convocatoria aceptan en todos os seus termos as presentes bases e a resolución correspondente, sen prexuizo da presentación dos recursos pertinenentes A Coruña, 25 de febreiro de 2014. O presidente O secretario Diego Calvo Pouso José Luis Almau Supervía Número de anuncio  2014/2266 2014/2266 Página 5 / 5